Fortnite supera os 3,4 millóns de xogadores simultáneos

venres, 9 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Que PLAYERUNKNOWN’S BATTLEGROUNDS (PUBG) conseguirse superar os 3 millóns de xogadores simultáneos en Steam foi todo un logro, deixando claro que a febre dos xogos coa fórmula de battle royale está callando fondo, pero que outro xogo do mesmo xénero, Fortnite, conseguise superalo con 3,4 millóns de xogadores concorrentes é toda unha sorpresa, xa que conseguiu arrebatar a coroa ao rei, superando incluso grandes dificultades técnicas durante a pasada fin de semana para poder atender á elevada afluencia de usuarios.
De feito, a pasada fin de semana experimentáronse media ducia de incidencias por mor do elevado volume de usuarios que acumulaba Fortnite, xogo que pasou en poucos meses de 60.000 a 3,4 millóns de usuarios a un tempo, converténdose nun dos xogos máis importantes para PC e consola na actualidade.

Fortnite conseguiu o éxito coa fórmula de battle royale, superando incluso ao título que a puxo de moda

PUBLICIDADE