GTA VI terá edición fÃsica en novembro
mércores, 4 de febreiro do 2026
Ultimamente xurdiron dúbidas sobre o lanzamento do xogo Grand Theft Auto VI, que non apuntaban a un novo adiamento do seu lanzamento, senón á posibilidade de que o tÃtulo non chegase de lanzamento en formato fÃsico, e que houbese que adquirilo en formato descargable de querer gozar do agardado xogo nas súas primeiras semanas.
Pero estas informacións comezan a diluÃrse, xa que Take-Two Interactive confirmou que a campaña de márketing do xogo arrincará este verán e reafirmou con contundencia a súa intención de publicar o tÃtulo o 19 de novembro de 2026, tras varios atrasos que alimentaran as dúbidas arredor do calendario.
O anuncio produciuse coincidindo coa presentación dos resultados financeiros do terceiro trimestre do exercicio fiscal 2026 da compañÃa. No comunicado remitido aos investidores, Take-Two asegura sentirse «altamente confiada» de cara ao exercicio 2027, que cualifica de «revolucionario para a empresa e para toda a industria do entretemento», coa estrea de GTA VI como principal motor, acompañada do inicio da promoción comercial durante os meses de verán.
Esa mensaxe de seguridade foi reforzada polo conselleiro delegado do grupo, Strauss Zelnick, quen afirmou sentirse «moi ben» respecto á data de lanzamento. Preguntado sobre se esta confianza era diferente á expresada noutras ocasións, cando o xogo aÃnda tiña previsto saÃr antes, Zelnick subliñou que a proximidade das accións de márketing adoita ser un indicador claro de que o proxecto está nun punto avanzado e sólido do seu desenvolvemento.
A expectativa arredor de GTA VI é máxima. Sen apenas material de xogabilidade publicado de forma oficial, o tÃtulo xa é considerado por moitos como un firme candidato a xogo do ano. Ata o de agora difundÃronse dous tráileres cinematográficos que presentaron aos protagonistas, Duval e Lucia Caminos, asà como o escenario de Leonida, unha reinterpretación de Florida que inclúe o regreso da icónica Vice City. O interese tamén se viu alimentado por filtracións, tanto reais como xeradas por intelixencia artificial, que circularon con forza nas redes sociais nos últimos meses.
Paralelamente, Take-Two quixo saÃr ao paso dos rumores que apuntaban a un posible lanzamento exclusivamente dixital de GTA VI, cun eventual atraso da edición fÃsica para evitar filtracións. Zelnick negou que ese sexa o plan da compañÃa e asegurou que non existe intención ningunha de atrasar as copias en formato fÃsico respecto da estrea oficial, desbotando asà a posibilidade dun lanzamento dixital exclusivo no primeiro momento.
