Galicia pechou 2012 co 95% da poboación con cobertura de Internet
mércores, 6 de febreiro do 2013
Tras
detectarse en 2010 que só un 72% da poboación tiña cobertura da Internet e que
a banda larga non chegaba a todos os centros públicos nin polÃgonos
industriais, a Xunta de Galicia iniciou o Plan de Banda Larga 2010-2013,
tutelado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA),
buscando dotar a todos os galegos da posibilidade de conectarse á Rede a unha
velocidade superior aos 2 Mbps e impulsar as redes de nova xeración, e agora
que comezamos 2013 aproveitan para botar a vista atrás e facer balance,
detectando que o Plan pechou o pasado ano adiantándose aos seus obxectivos superando
o 95% da poboación con cobertura da Internet, de xeito que chegouse a
posibilidade de acceso á Rede a máis de 636.000 galegos dos 786.000 que
carecÃan da mesma.
No 2013 o Plan de Banda Larga completará os despregamentos de redes fixas e sen
fÃos que permitirán superar o 97% de poboación con cobertura da Internet e
chegar ao 3% restante, que habita nas zonas máis illadas de Galicia, vÃa
satélite. Cumprirase asà a directriz da Axenda Dixital Europea de que todos os
cidadáns teñan acceso a banda larga en 2013. O obxectivo é iniciar o 2014 cunha
Galicia totalmente conectada e que máis de 1,3 millóns de galegos poidan facer
uso das redes de nova xeración.
