GameStop conxela a súa tarifa plana de xogos de segunda man

mércores, 15 de novembro do 2017 Marcus Fernández

O anuncio de que o 19 de novembro GameStop ía lanzar nos EE.UU. unha tarifa plana de xogos de segunda man creou moita expectación a nivel mundial, pois a proposta de ofrecer 6 meses de aluguer de xogos de segunda man por só 60 dólares (ou sexa, o prezo que custa habitualmente un xogo novo) resultaba moi atractiva e podería converterse para moitos nunha alternativa a servizos como o Xbox Game Pass, ou sexa, que trasladaría ás tendas tradicionais servizos máis propios das plataforma en liña.
Pero parece que o programa de GameStop era demasiado ambicioso, non estando preparada a cadea para levalo a cabo dun xeito satisfactorio (ao parecer por limitacións dalgúns sistemas informáticos), o que levaría á súa suspensión antes incluso de botar a andar, de xeito que devolverán os cartos aos clientes que xa contrataran o servizo e, polo momento, non detallan cando retomarán a iniciativa que pode supor un pequeno pulo para as tendas físicas de videoxogos, que cada vez teñen un menor peso nesta dinámica industria na que os contidos descargables con cada vez máis importantes (algunhas compañías tradicionais xa facturan tanto por contidos dentro dos xogos como polos xogos en si).

PUBLICIDADE