Gears of War: Reloaded xa está aquí

martes, 26 de agosto do 2025 Redacción

Gears of War: Reloaded chega xa a Xbox Series X|S, Xbox en PC, PlayStation 5 e Steam, estando dispoñible desde o primeiro día en Game Pass Ultimate e PC Game Pass, con compatibilidade con Xbox Play Anywhere. O lanzamento supón o arranque das celebracións polo 20 aniversario da franquía, que fixo a súa primeira aparición en 2006 na Xbox 360.
Reloaded foi completamente remasterizado e optimizado para o hardware actual. Inclúe todo o contido da Ultimate Edition e todos os complementos publicados tras o lanzamento, como o acto de campaña adicional, mapas e modos multixogador e unha ampla lista de personaxes e elementos cosméticos sen custo engadido. Cada aspecto do xogo orixinal foi elevado aos estándares modernos, desde a arte e o son ata as cinemáticas.
Entre as melloras técnicas destacan a resolución 4K, campaña a 60 imaxes por segundo e multixogador a 120 imaxes por segundo, texturas remasterizadas, efectos de posprocesado mellorados, sombras e reflexións máis realistas, HDR, Dolby Vision, Dolby Atmos, audio espacial 3D 7.1, VRR e tempos de carga practicamente eliminados.
O título ofrece progresión e xogo cruzado en todas as plataformas, o que permite formar escuadróns sen restricións entre usuarios de Xbox, PlayStation e Steam. Para iso é preciso empregar unha conta de Microsoft, que tamén garante que o progreso en campaña e multixogador se garde en calquera dispositivo.
Como parte da celebración, quen comprara a edición dixital de Gears of War: Ultimate Edition antes do 5 de maio de 2025 poderá actualizar a Reloaded de forma gratuíta. E para os subscritores de Game Pass Ultimate e PC Game Pass, o xogo xa está dispoñible desde hoxe no catálogo.
Crump lembra tamén un dos momentos máis impactantes do orixinal: «O terror de atopar á Berserker quedará para sempre gravado na miña memoria. A súa presentación é un deses momentos de “oh, merda” que non se esquecen».

Tráiler do xogo