Horizon Zero Dawn estrea un modo de xogo con dificultade reducida
luns, 21 de agosto do 2017
O xogo
Horizon
Zero Dawn conseguiu converterse nun dos grandes exclusivos de
PlayStation 4 deste ano, achegándonos a un mundo postapocalíptico dominado por
criaturas mecanizadas no que a protagonista, unha moza chamada Aloy, irá
descubrindo escuros segredos neste xogo de mundo aberto que a partires de hoxe,
a
través do parche 1.32, conta cun novo modo de dificultade chamado Historia, que fai máis accesibles os
combates para que os xogadores menos intensivos poidan centrarse en explorar o
mundo e desenguedellar os seus misterios.
Principalmente o novo modo de xogo incrementa os datos infrinxidos polo xogador
e reduce considerablemente o dano recibido, de xeito que os combates son máis
doados de superar por xogadores pouco experimentados, co que dende Guerrilla
Games buscan atraer a un maior número de xogadores.
O parche 1.32 tamén incorpora correccións a numerosos erros que foron atopando
nos últimos meses, facendo así un xogo máis sólido antes do 7 de novembro, data
para a que está programada a
súa expansión, The Frozen Wilds,
que está xa á venda de xeito anticipado a un prezo de 19,99 euros (17,99 euros
para subscritores de PlayStation Plus).
Vídeo promocional do último parche de Horizon Zero Dawn