Artigos desta sección
O CESGA pon recursos de seu nun estudo contra o cambio climático
A loita contra o cambio climático foi o eixo central da estancia ICTS (Instalación Científico Tecnolóxica Singular) levada a cabo no Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) por Vicente Timón Salinero -doutor en Ciencias Físicas do Instituto de Estrutura da Materia, Consello Superior de Investigacións Científicas, Madrid- durante a cal informou sobre a (...)
Ler máisA USC traballa en dar forma ao que podería ser a materia prima futura dos nosos dispositivos
A Universidade de Santiago está mergullada nun máis que interesante proxecto de nanotecnoloxía que podería dar como resultado, a medio ou longo prazo, a unha nova xeración de dispositivos electrónicos. O grupo responsábel destes traballos é o grupo de investigación COMMO do CiQUS, xunto con investigadores de IBM Research (Suíza). Nun plano máis detallado, os (...)
Ler máisOs centros tecnolóxicos galegos amosan a súa experiencia e dispoñibilidade colaborativa perante uns 30 empresarios
Arredor dunha trintena de empresarios participou o pasado venres nun encontro sobre as oportunidades da innovación colaborativa (a innovación que se materializa botando man da unión de recursos, coma se dunha comunidade 2.0 se tratase) celebrado no Centro de Aplicacións Láser de AIMEN. A xornada, que tamén serviu para informar das liñas de financiamento (...)
Ler máisA UDC celebra o Día d@ Científic@ Galeg@ e esixe que se amose o labor investigador das mulleres
Hoxe desenvólvese o Día do Científico Galego da man da Real Academia Galega da Ciencia. Para conmemoralo e para ir máis alá desta festividade (achegando renovación e alternativas), a Oficina de Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña lanza a campaña Día d@ Científic@ Galeg@. Segundo explica este departamento da UDC, o feito de escribilo con arrobas non é (...)
Ler máisO novo coordinador do CITIC aposta pola internacionalización do centro
Hai unhas semanas Sebastián Bamonde Rodríguez foi designado novo coordinador do CITIC, Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións da UDC, substituíndo á doutora Bertha Guijarro Berdiñas quen ocupará o recentemente creado posto de vicecoordinador responsable científico. O seu amplo coñecemento do ámbito empresarial supón todo un valor (...)
Ler máisUn respaldo intelixente e un videoxogo personalizábel, entre os proxectos premiados na Coruña no certame KiiCS
Finalmente entregáronse na Coruña, este sábado na Domus, os galardóns do certame KiiCS de Arte, Ciencia e Tecnoloxía, un concurso convocado polo Concello a través dos seus Museos Científicos e en colaboración coa Fundación Barrié (educaBarrié). Como lembraremos, estes recoñecementos convidan aos alumnos de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos a desenvolver (...)
Ler máisIBM pon a traballar a Watson nun medicamento xenómico contra o cancro
O Centro do Xenoma de Nova York (NYGC) e IBM anunciaron esta semana un acordo de colaboración para acelerar a chegada “dunha nova era do medicamento xenómico”. Isto será posíbel, informaron, grazas ao emprego do sistema cognitivo Watson de IBM, servizo de informática na nube e analítica de grandes datos que ten o potencial de mellorarse a si mesmo e mesmo de (...)
Ler máisA UDC e o CITIC organizan este xoves unha xornada de pulo ás empresas de alicerce tecnolóxico
A Universidade da Coruña (Vicerreitoría de Investigación, OTRI, etc) e CITIC organizan este xoves 27 unha xornada de pulo ao emprendemento tecnolóxico en contornas académicas. O evento encamíñase a achegar recursos e craves para a conversión de ideas empresariais en iniciativas de feito, no seo da propia Universidade. A xornada vaise desenvolver no salón de (...)
Ler máisInvestigadores galegos participan nun proxecto para coñecer o consumo enerxético dos edificios con mapas en 3D
O desenvolvemento do mapa enerxético en 3D das cidades españolas levado a cabo ao abeiro do proxecto Ensmart, contou con mans galegas para converterse en realidade. Máis polo miúdo as dos investigadores do Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas da ETSE de Minas da Universidade de Vigo e da spin-off local Enxeñaría Insitu, que traballaron ombro con ombro para esta (...)
Ler máisO centro galego AtlantTIC oferta medio cento de novos postos de traballo para investigadores
AtlantTIC, centro de I+D centrado nas novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación e impulsado pola Universidade de Vigo (Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións), vén de achegar boas novas para os nosos investigadores e, en última instancia, para o fortalecemento da nosa terra en materia de innovación TIC. Máis polo miúdo, o centro informa que ofrece 49 (...)
Ler máis0 | ... | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | 100 | ... | 310
