Inside e Castlevania: Symphony of the Night chegan nos Xogos con Gold

luns, 1 de xullo do 2019 Marcus Fernández

O anuncio dos Xogos con Gold para o mes de xullo foi toda unha sorpresa, xa que entre os xogos para Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) figura o clásico Castlevania: Symphony of the Night, que está dispoñible para a súa incorporación á nosa colección de xogos descargables durante a primeira semana de xullo, e que resulta moi oportuno, xa que hai poucos días recibiu ao seu herdeiro espiritual, o xogo Bloodstained: Ritual of the Night. Este Castlevania é unha conversión do xogo clásico, no que haberá que afondar no castelo de Drácula para descubrir os seus misterios mentres se loita contra as forzas do mal.
O outro xogo para Xbox 360 que chegará en xullo será Descubriendo a los Robinson, o típico xogo baseado na película de animación homónima que agradecerán os seareiros da mesma, pero que non resulta especialmente relevante.
No que a Xbox One se refire, temos un par de xogos independentes de pesos moi diferentes, xa que aínda que o mes remate con Big Crown: Showdown, un divertido título de combates multixogador que pasou bastante desapercibido, dende o día 1 é posible gozar de Inside, un galardoado xogo do creador de Limbo, que sitúanos na pel dun neno, que atópase no medio so e perseguido no medio dun proxecto escuro. Unha aventura que cativará aos que queiran vivir unha misteriosa historia nun contorno arrepiante.

Que Inside estea protagonizado por un cativo é un dos elementos que contribúe a que esteamos ante un xogo que produza arrepíos, levando este artístico xogo de supervivencia a resultar máis cativador

PUBLICIDADE