Ion Mobile ofrece tarifas reducidas para quen só quere utilizar o móbil para falar

martes, 3 de decembro do 2013 Marcus Fernández

Nun momento no que é habitual que os operadores de telefonía móbil aposten por incorporar datos ás súas tarifas básicas, sorprende Ion Mobile, compañía que achega os seus servizos a través da rede de Orange, ofrecendo unha das tarifas de voz máis atractiva para os usuarios que fagan un consumo moi reducido, xa que a súa Tarifa Baraja carece de permanencia e cota mensual, ofrecendo chamadas a 6 céntimos/minuto cun establecemento de chamada de 18 céntimos (prezos aos que habería que engadir o IVE) sendo compatible este contrato co Bono Baraja, que por 5 euros/mes + IVE ofrece 100 minutos a móbiles e fixos nacionais (incluíndo o establecemento de chamada).
O mesmo Operador Móbil Virtual (OMV) tamén conta con numerosas tarifas con conta mensual, e con servizo de datos dende o móbil, tamén bastante agresivas, como a Tarifa Comodín Voz (5 euros/mes + IVE para chamadas a 0 euros/minuto cun establecemento de 18 céntimos) ou a Tarifa As (6,95 euros/mes + IVE para chamadas a 2,2 céntimos/minuto cun establecemento de 18 céntimos e 1 Gb de datos). Non falta unha oferta de chamadas ilimitadas (cun máximo de 150 destinos) chamada Tarifa Doble Rey, que ten un prezo de 24,95 euros/mes + IVE e inclúe 1 Gb de datos.
Nas tarifas con datos, superado o límite contratado as conexións reducen a súa velocidade a 64 Kbps.