Jajah achega a VoIP á PS3

martes, 8 de maio do 2007 Marcus Fernández

Os usuarios de consolas PS3 que as teñan conectadas á Rede poden acceder xa ás vantaxes da tecnoloxía VoIP grazas a Jajah, que vén de habilitar unha web especial para os usuarios da nova consola de Sony de xeito que poderán establecer chamadas a través da rede de telefonía IP de Jajah que permite así chamadas de balde ou a un baixo custo.
Cando o usuario entra na web dende a súa consola debe introducir o seu número de teléfono e o número de teléfono ó que quere chamar, tralo que recibirá unha chamada no seu teléfono que o permitirá contactar co número indicado anteriormente, podendo aproveitar as ofertas de Jajah sen ter que contar cun PC para tal fin.

PUBLICIDADE