Jazztel Móvil estrea tarifa de prepagamento

luns, 3 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Aínda que a meirande parte das compañías de telefonía móbil queren levar aos seus usuarios a liñas de contrato, moitos consumidores continúan a optar polo prepagamento, de aí que Jazztel Móvil veña de presentar unha nova tarifa, JazzMóvil8, que ofrece chamadas a todos os destinos nacionais a 8 céntimos/minuto (cun establecemento de chamada de 15 céntimos), mensaxes de texto a 10 céntimos, tarifa diaria de datos de 1 euro/día (ata 100 Mbytes de transferencia) e sen compromiso de permanencia, aínda que coa obriga de adquirir un móbil Samsung E1050 libro por 35 euros ao darse de alta nesta nova tarifa.
Con esta tarifa poderanse realizar chamadas ata 60 días despois da última recarga, e recibirse ata 90 días despois da última recarga. No caso de portar doutro número tamén inclúe 3 euros de salgo de balde.

PUBLICIDADE