Jazztel dará servizo de voz e datos a clientes que non teñan previamente unha liña telefónica

venres, 19 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Para contratar unha conexión á Rede por banda larga por ADSL o normal é contar antes cunha liña de Telefónica, pero Jazztel quere romper este atranco no mercado residencial e permitirá darse de alta no seu servizo de voz e datos sen ter que ser cliente anteriormente de Telefónica.
A compañía anunciou que antes de lanzar comercialmente esta posibilidade o probaron con máis de mil novo clientes durante o último mes, co fin de garantir a calidade e o bo funcionamento do proceso de provisión.
Esta nova oferta de Jazztel simplifica o proceso de contratación de servizos de banda larga nas zonas onde a operadora pode dar servizo na súa rede propia, o que podería incrementar un 15% o seu mercado potencial de clientes, podendo chegar así a 2 millóns máis de liñas. Ademais, esta nova oferta lle permite converterse nunha alternativa para os actuais clientes de operadoras de cable, que poderán abandonar o seu operador por Jazztel evitando a barreira que supón darse de alta inicialmente con Telefónica.
Esta medida tamén beneficiará ós clientes de Jazztel que cambien de domicilio, de xeito que non precisarán solicitar unha nova liña a Telefónica para tal operación.