Jazztel mellora o seu ADSL ofrecendo 7 Mbps/640 Kbps por 36,95 euros/mes

martes, 30 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Para incrementar a súa base de clientes e reaccionar ante as novas oferta de Telefónica, Jazztel mellora a súa oferta de ADSL de 3 Mbps a 36,95 euros/mes incrementando a súa velocidade de descarga a 7 Mbps, pero situando tamén a velocidade de subida en 640 Kbps (mentres que Telefónica continúa a ofrecer só 320 Kbps). O cambio de velocidade terá lugar o 28 de outubro de xeito automático. Amais, os usuarios que pola súa distancia á central de telefonía non poidan conseguir a velocidade de 7 Mbps contarán cunha rebaixa no prezo da súa conexión á Rede.
Estas melloras só se aplicarán aos clientes de ADSL que accedan á Internet a través da rede propia da operadora, e non cando se trate de accesos a través da infraestrutura de Telefónica.