LG estrea en Corea un móbil con WiBro e TDT
luns, 6 de agosto do 2007
Corea do Sur continúa á cabeza do mundo en servizos de acceso á Rede e
mesmo de telefonÃa móbil, e agora LG presenta un novo teléfono que pode
conectarse a redes WiBro (tamén coñecida
coma WiMAX móbil), moi populares no paÃs asiático onde a cobertura nas grandes
cidades chega incluso ás liñas de metro, permitindo o acceso a servizos de
banda larga dende o móbil.
O LG
KC1 permite asà achegar ó móbil servizos que tradicionalmente se limitaban ós
ordenadores persoais, podendo empregarse para facer videoconferencia ou
mesmo para controlar remotamente un equipo informático.
O novo terminal inclúe unha pantalla táctil de 2,8 polgadas, unha cámara de 2
MpÃxeles, 512 Mb de memoria interna (ampliable con tarxetas microSD) e
compatibilidade coa tecnoloxÃa DMB (televisión dixital terrestre móbil, alternativa
coreana ó estándar DVB-H). O
sistema operativo incorporado será o Windows Mobile 5.