LalÃn acollerá unha mostra de videoxogos galegos
xoves, 28 de agosto do 2025
A Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos, Videoxogo.gal, organiza unha interesante mostra de videoxogos galegos o vindeiro 6 de setembro de 10:00 a 14:00 e de 16:30 a 20:00 no centro comercial Pontiñas de LalÃn.
Deste xeito, os afeccionados aos videoxogos poden probar en primeira persoa algún dos tÃtulos que os socios de Videoxogo.gal desenvolveron ou están a desenvolver actualmente, como The Pet Squad (que a primeiros de ano iniciou unha campaña de micromecenado en Kickstarter), Tiny Garden (que estreouse en Steam no mes de abril), Shabby Ring (que puido probarse na última edición de ExpOtaku), Block Factory (estreado en Steam no mes de xullo) ou o curioso xogo retro Love Letter (que simula correr nunha Game Boy).

- The Pet Squad nunha pasada edición de ExpOtaku
