Lowi estrea unha tarifa plana móbil de voz que parte de 18 euros/mes
xoves, 3 de novembro do 2016
AÃnda que a meirande parte do consumo móbil foi trasladándose
da voz aos datos, moitos usuarios continúan a demandar tarifas planas de voz, e
para atender a esta demanda o OMV de Vodafone, Lowi, vén de lanzar unha agresiva
tarifa que sen lÃmite que por 18 euros/mes ofrece chamadas ilimitadas a
fixos e móbiles estatais con 1 GB de datos en 4G acumulables (os datos que non se consuman nun mes determinado
poderán aproveitarse o mes seguinte. Esta nova tarifa é personalizable, de
xeito que o usuario pode optar a engadirlle datos en bloques de 200 MB a 1 euro
cada un, facilitando asà construÃr unha tarifa que se axuste ao consumo real.
Os novos usuarios de Lowi poderán gozar desta nova tarifa dende xa, mentres que
os
clientes actuais terán que agardar ao dÃa 1 do mes que vén para poder gozar
desta nova tarifa que entre os seus atractivos conta con feito de que os
datos gozan de conectividade 4G pese a estarmos ante un OMV.