Lowi ofrece fibra óptica no fogar por só 26 euros/mes

xoves, 1 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Até o 30 de abril Lowi está a ofrecer aos seus clientes de móbil ou de fibra+móbil o dobre de volume de datos, promoción que están a dar a coñecer a partires de hoxe entre os seus clientes, mentres que non parecen dar importancia a un cambio bastante máis profundo da súa oferta actual, xa que as súas conexións de fibra óptica de 50 Mbps pasaron de custar 33 euros/mes a 26 euros/mes, estando suxeita tal rebaixa de prezo á aceptación dun compromiso de permanencia de 24 meses. Deste xeito, temos así cunha das opcións máis económicas do mercado para gozar dunha conexión de fibra óptica no fogar que, ao non incluír número de teléfono fixo, pode rebaixar o seu prezo até un límite moi asumible.
A fibra óptica de Lowi emprega a infraestrutura de Vodafone, inclúe instalación e router Wi-Fi de balde e tamén pode combinarse con números de teléfono móbil de Lowi con chamadas ilimitadas.

PUBLICIDADE