Lowi rebaixa as súas tarifas
xoves, 19 de xaneiro do 2017
Parece
que a reacción dos OMV á suba de prezos dos grandes operadores non vai na mesma
liña, e fan máis competitivas as súas ofertas para atraer clientes, ou iso
podemos entender ao ver o último anuncio de Lowi, que a
partires do 1 de febreiro rebaixa as súas tarifas aos clientes usuarios que
o soliciten (pasando a aplicarse xa para novos clientes).
Coa novo oferta de tarifas o OMV de Vodafone reduce en maior medida os prezos en
función do volume de datos móbiles contratados, chegando a ofrecer 8 GB de
datos en 4G ao mes con chamadas de voz ilimitadas por 26 euros/mes, o que serÃa
a oferta na que máis se notan os novos prezos, xa que o máximo contratable
anteriormente eran chamadas ilimitadas con 5 GB de datos por 38 euros/mes, de
xeito que agora non só terÃase un aforro de considerable, senón tamén un maior
volume de datos móbiles.
Na tarifa con chamadas a 0 céntimos/minuto o bono de 3 Gb baixarÃa de prezo 3
euros, o de 4 GB baixarÃa 4 euros e o de 5 GB baixarÃa 9 euros. Na tarifa con
bono de 120 minutos as rebaixas serÃan de 2, 5, 8 e 11 euros para os bonos con
2, 3, 4 e 5 GB de datos. E na tarifa con minutos ilimitados o aforro serÃa de
2, 5, 8, 11 e 14 euros con 1, 2, 3, 4 e 5 GB de datos respectivamente.
Cómpre destacar que Lowi conta con vantaxes como acumular os datos non
consumidos para o mes seguinte, non cobrar os excesos de tráfico, carecer de
compromiso de permanencia e gozar de datos móbiles en 4G.
