MOLAB celebrará a súa segunda gamejam en outubro

martes, 25 de setembro do 2018 Marcus Fernández

A primeiros de xuño a asociación estudantil coruñesa Monkey Laboratory (MOLAB) celebrou a súa primeira gamejam, competición non presencial baseada na plataforma en liña Itch.io, conseguindo unha ampla participación, de xeito que durante as 72 horas nas que tivo lugar o evento desenvolvéronse un total de 9 proxectos, e non será preciso esperar un ano enteiro para repetir a competición, xa que convocan a II MOLAB Gamejam entre os días 5 e 8 de outubro.
O 10 de outubro ás 18:00 horas na Facultade de Informática, permitindo que o público poda probar os xogos en competición. O mesmo día, ás 19:30 horas, o xurado dará a coñecer os gañadores da gamejam nas categorías de Mellor Xogo, Deseño de Xogo, Deseño Artístico e Deseño Sonoro. Entregaranse trofeos físicos aos gañadores e a gala poderá seguirse en directo a través de Twitter e Twitch.
Este tipo de competicións son unha magnífica oportunidade para amosar a creatividade aplicada ao mundo dos videoxogos e as posibilidades do traballo en equipo, demostrando dun xeito práctico que é posible desenvolver proxectos en prazos moi axustados e que o resultado sexa un produto mínimo viable.

PUBLICIDADE