MSN renova a súa versión móbil
xoves, 21 de xuño do 2007
Microsoft renova a versión para móbiles de MSN, de xeito que os
contidos do seu portal se adaptan ás pantallas dos diferentes modelos de móbil
de xeito que os usuarios de terminais potentes poderán facer un uso máis
satisfactorio deste portal.
MSN Mobile achega
novas, información deportiva e de lecer, acceso ó correo electrónico, ós mapas,
ás buscas na web e á mensaxerÃa instantánea, de xeito que os usuarios móbiles
poderán ter unha experiencia de uso que cada dÃa resulta máis semellante á que
se fai no PC, pero coas vantaxes inherentes á mobilidade.
Dende Microsoft pensan que estamos ante un punto de inflexión no uso da
Internet dende o móbil, de aà que estean a mellorar estes servizos, o que tamén
están a facer Google e Yahoo.
