Máis de 283 mil espectadores seguiron a #TanxuFesta
luns, 31 de xaneiro do 2022
A #TanxuFesta
que anticipamos o pasado venres foi todo un éxito, cun preto de 300.000
persoas seguindo esta cobertura especial do Benidorm Fest na noite do sábado,
no que dende a CRTVG aseguran que é a
primeira vez que unha canle en España emite simultaneamente un programa na TDT,
na radio convencional, en Twitch e YouTube.
Concretan dende a CRTVG que a emisión televisiva foi seguida por 251.000 espectadores,
o que supón unha cota de pantalla do 12,9%; a estes espectadores sumarÃanse 26.312
persoas en YouTube e 6.048 en Twitch, principiando a retransmisión na Internet
para chegar máis tarde aos medios tradicionais e contando coa participación de
Carlos F. Amado, Esther Estévez e outras caras coñecidas para os seareiros do
Twitch da Galega e da Televisión de Galicia.
Esta acción está enmarcada na forte aposta da CRTVG pola multicanalidade, o que supón un apoio
especial ás súas novas canles dixitais, como un xeito de adaptarse aos novos
hábitos de consumo.