Máis de 800 familias e empresas compostelás benefícianse do Plan ÚNICO de banda larga
mércores, 23 de agosto do 2023
O
delegado
do Gobierno, Pedro Blanco, mantivo onte un
encontro de traballo coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín,
no que destacou os máis de 200 millóns de euros que inviste o
Goberno na cidade e que están a permitir desbloquear “actuacións
clave na capital galega que levaban moito tempo paradas”, como as
ligazóns Orbital e Orbitaliño, cun investimento conxunto que supera
os 50 millóns de euros; a estación Intermodal, con 30 millóns, ou
a depuradora da Silvouta, que o Goberno financia con 40 millóns de
euros. Tamén puxo o foco no acadado polo Plan ÚNICO para dotar de
banda larga os núcleos e barrios que non contaban con esta
tecnoloxía.
Nun
plano máis detallado, Blanco lembrou que en Santiago mobilizáronse
axudas do Ministerio de Política Territorial á dixitalización da
Administración Local e investimentos do Ministerio de Asuntos
Económicos a través do Programa ÚNICO de banda larga, do que se
benefician máis de 800 familias e empresas compostelás. Tamén
salientou o importante traballo de dixitalización empresarial
impulsado a través do Kit Dixital.