Máis servizos de información cidadá por SMS na Coruña
martes, 18 de novembro do 2008
O Concello
da Coruña vén de anunciar que vai ampliar os servizos de información cidadá
por SMS que ofrece na actualidade, a fin de mellorar o seu servizo público e
incrementar a relación informativa entre a administración e a cidadanía coa
axuda das TIC .
Segundo informou
a concelleira responsable de Persoal, Interior e Informática, Obdulia
Taboadela, o servizo ofrece, ata o de agora, dúas posibilidades: as canles
públicas, que se refiren ás de tipo temático ás que se poden subscribir os
cidadáns e as listaxes privadas de mensaxes, que son as incorporadas polo
Concello para informar á cidadanía sobre feitos significativos de “actualidade e servizos da cidade”.
Na actualidade,
10 das 26 áreas de xestión municipal xa empregan este sistema, en áreas como
protección civil, cultura, deportes, bombeiros, servizos sociais ou seguridade
cidadá.
As novas canles
que está a desenvolver o concello da Coruña informarán á cidadanía sobre
convocatorias públicas, datas de recadación de taxas ou concesión de axudas,
entre outras cousas.
A iniciativa
enmárcase na liña de actuación do PEGSI IeCA-LA2,
de transparencia e difusión da información e dos materiais públicos.
