Mañá reabrirase a beta aberta de Dragon Ball FighterZ

mércores, 17 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Tras os problemas técnicos do pasado domingo durante a beta aberta de Dragon Ball FighterZ para Xbox One e PlayStation 4 dende Bandai Namco decidiron celebrar un día extra da fase de probas, pero non consecutivo, o que daban a entender que poderían querer agardar ao vindeiro domingo para unha compensación axeitada, pero finalmente non é así, e hoxe anuncian que o día adicional de beta aberta terá lugar entre as 6:00 horas de mañá e as 6:00 horas do venres.
Lembran que a finalidade da beta é comprobar o funcionamento das partidas en liña, do sistema de matchmaking e da capacidade global dos servidores, ou sexa, que non se trata dunha versión de demostración do xogo final, que sairá á venda o vindeiro día 26, non só para Xbox One e PS4, senón tamén para PC, plataforma que carece de beta aberta.

PUBLICIDADE