Marathon OS quere recuperar a filosofÃa de BlackBerry
luns, 1 de decembro do 2025
Marathon OS chega como unha proposta singular no panorama da mobilidade. Inspirado na experiencia de BlackBerry 10, o sistema operativo aposta por recuperar a fluidez da navegación por xestos e a produtividade integrada, pero adaptadas ao contexto actual. O proxecto, liderado polo desenvolvedor Patrick J. Quinn, constrúese sobre PostmarketOS e emprega un compositor Wayland escrito en Qt6, o que lle permite executar aplicacións nativas de Linux, apps propias empaquetadas en formato .marathon e, nun futuro próximo, software Android grazas a un fork de Waydroid.
A interface é o corazón da proposta. Marathon OS integra un Hub unificado para xestionar mensaxes, correos e notificacións sen cambiar de aplicación, e introduce Active Frames, pequenas ventás interactivas que mostran información en tempo real desde a pantalla principal. A navegación por xestos, xa presente en BB10, reaparece aquà cunha implementación optimizada: deslizar cara arriba abre o lanzador de apps, cara abaixo activa os axustes rápidos e cara a un lateral dá acceso ao Hub.
O sistema está deseñado para funcionar con fluidez en hardware veterano. Probouse con éxito en dispositivos como o OnePlus 6 (smartphone lanzado en 2018, polo que Marathon OS poderÃa ser un bo xeito de reciclar vellos dispositivos), mantendo 60 fotogramas por segundo, e xa se prepara a súa chegada a modelos como o OnePlus 6T e o POCO F1. A filosofÃa é clara: ofrecer unha experiencia moderna mesmo en terminais con máis dunha década de vida útil.
Marathon OS tamén inclúe un ecosistema propio de aplicacións, desde navegador e calendario ata tenda e terminal, todas desenvolvidas en QML co sistema de deseño MarathonUI.
