MásMóvil fai a mellor oferta de tarifas móbiles na compra conxunta organizada pola OCU

venres, 23 de maio do 2014 Marcus Fernández

A poxa organizada pola OCU para conseguir unha tarifa de telefonía móbil cun prezo axustado realizouse onte cun gañador, Másmóvil, compañía que fixo as mellores ofertas para distintos perfís de consumo, o que permitiría que 9 de cada 10 usuarios poidan reducir as súas facturas de móbil, estimando o aforro anual nuns 105 euros, que sería aínda maior no caso dos clientes das grandes operadoras (Movsitar, Vodafone, Orange e Yoigo) que poderían aforrar máis de 130 euros ao ano.
De todos os xeitos, cada unha das persoas que se inscribiu en Quiero Pagar Menos Móvil (aínda é posible inscribirse na mencionada páxina web) recibirá nos vindeiros días un correo electrónico no que detallaranse a tarifa gañadora e os posibles aforros para o seu perfil de consumo, para que así poidan comparar de xeito doado coas súas tarifas actuais e así poder decidir se aceptan esta oferta.
Os interesados recibirían logo unha nova tarxeta SIM no seu domicilio e informaríaselle sobre cando se produciría o cambio de compañía.