MásMóvil fomenta o uso de Skype dende o móbil
venres, 24 de xullo do 2009
O
Operador Móbil Virtual (OMV) MásMóvil
prepara unha agresiva campaña coa que oferta aos seus clientes 30 Mb
de transferencia de datos de balde ao mes, que poderán empregar para navegar
pola web, utilizar plataformas de redes sociais e incluso empregar a aplicación chamada Fring
para acceder a Skype, o que poderÃa traducirse nunhas 3 horas de voz sobre IP, mentres
que o resto de operadores tenden a prohibir o uso deste tipo de tecnoloxÃas
baixo as súas redes.
De todos os xeitos, esta promoción ten os seus peros, pois superados os 30 Mb
de transferencia haberá que pagar 3 ou 5 céntimos por megabyte descargado
(segundo teñamos contrato ou tarxeta respectivamente) o que resulta bastante
caro para un uso intensivo.
