Mellora a cobertura de ADSL en Curtis e Teixeiro
luns, 23 de maio do 2011
Grazas
ao Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia máis da metade da
poboación do Concello de Curtis que carecÃa de acceso á Rede conta agora con
cobertura da Internet, o que supón unha importante mellora dende o inicio do
Plan, cando 3.300 veciños non contaban coa posibilidade de poder contratar
conexións de Internet nas súas vivendas.
As
actuacións do Plan benefician ata agora aos núcleos de poboación de Teixeiro e
Curtis, onde residen máis da metade dos habitantes que non tiñan cobertura
no municipio. Cando botou a andar o Plan de Banda Larga no Concello de Curtis a
cobertura do acceso á Rede era de só o 21,41%, estando actualmente xa no 68,20%
e agardando chegar ao 85% en 2013.
Os usuarios beneficiados por estas actuacións poderán contratar conexións de 6
Mbps co operador Movistar. Pola contra, o PolÃgono Industria Curtis-Teixeiro
está incorporado no proxecto WiMAX que achega conexións sen fÃos de entre 2 e
12 Mbps a polÃgonos e parques industriais.
