Mellora a velocidade media de Netflix entre os usuarios de Movistar
mércores, 13 de xaneiro do 2016
Tras a polémica
dos resultados
de Netflix en España co operador Movistar, chegan agora os resultados do mes de
decembro, e sexa pola redución de usuarios (xa que moitos optaron por
aproveitar o mes de proba de balde de Netflix dende o primeiro momento) ou por
medidas adoptadas por Movistar, finalmente temos que o servizo de vÃdeo baixo
demanda mellorou o seu resultado español, mantendo a última posición entre os
principais operadores, pero pasando dunha velocidade media de 2,15 Mbps a uns
máis dignos 2,86 Mbps, aÃnda que o seguinte operador analizado por Netflix (Orange)
ten unha velocidade media considerablemente superior (3,75 Mbps).
Cómpre destacar que Movistar ten un serio problema á hora de gañar posicións na
cualificación de velocidades medidas, non só por ser a única compañÃa que non
aceptou gozar da conexión directa coa rede de Netflix, senón tamén polo feito
de que as medicións non distingan a tecnoloxÃa empregada para conectarse, de
xeito que entrarÃan no mesmo saco usuarios de fibra óptica a 300 Mbps e
usuarios de ADSL con velocidades bastante reducidas (que no caso de Movistar
son un volume considerablemente superior ao doutras compañÃas, xa que teñen
unha cobertura inferior).
A transparencia dos datos de Netflix resultan de grande utilidade para os
consumidores, pero tamén son unha importante medida de presión, de xeito que
asà as compañÃas de telecomunicación vense obrigadas a aceptar os acordos de interconexión
para que os seus usuarios gocen do servizo de Netflix coa maior calidade
posible, e asà non se vexan decepcionados coas conexións de alta velocidade
contratadas.