Melloran a rede de comercialización do iPhone 3G en España para dar un pulo ás súas baixas vendas

xoves, 2 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Movistar anunciou esta semana que vai ampliar a venda do iPhone 3G a case toda a súa rede de distribución, pois o terminal só vendeu entre 75.000 e 80.000 unidades en España (correspondendo a metade á versión de 16 Gb) e agora queren impulsar as vendas do terminal de Apple vendéndoo en tendas como as cadeas Mobile Phone Comunicaciones, Teabla, Telyco, Offi Telefonía, Telestant, Alcampo, Eroski, Carrefour e Telecor (chegando así ata 2.700 establecementos).
O certo é que o terminal está a ter problemas acadar unha aceptación do público como a norteamericana, e mentres en EE.UU. se vendían centos de milleiros de terminais na súa primeira fin de semana á venda, nas nosas fronteiras se rumorea que só había 10.000 móbiles dispoñibles.
Pero os principais atrancos para a comercialización do iPhone non parecen estar nin nas súas características nin no seu prezo, senón nas súas condicións de contratación, pois forza a contratar unha tarifa plana de datos móbil e inclúe un compromiso de permanencia en tal tarifa, algo que non gusta aos consumidores, que non se queren atar a un contrato só por un terminal de telefonía que cada vez ten máis competencia (pois non últimos meses chegaron ás tendas diversos terminais con características moi semellantes ás do iPhone ser ter as súas coñecidas e criticas restricións).