Microsoft lanzará nove parches de seguridade para corrixir fallos críticos
venres, 10 de agosto do 2007
O martes da semana que vén, a empresa
Microsoft ten pensado lanzar outros nove “parches” nun intento por solucionar
problemas de seguridade nos seus programas, algún dos mesmos cualificados como
“críticos”. Da listaxe de parches con feitura de actualizacións que poderán
descargarse a vindeira semana, catro serán para as versións de Windows –Vista
incluído-, mentres que os restantes serán para Office en xeral, Internet
Explorer, Excel, e Visual Basic 6.0, malia que tamén haberá outros para Windows
Media Player, Virtusal PC, e Virtual Server, programas que, polo visto, tamén
teñen problemas de seguridade.
Segundo un artigo publicado por Computerworld.com, os fallos de seguridade corresponden a un erro (bug) nos devanditos programas, o que podería ser explotado por hackers, e a mesma compañía considera que o usuario atópase agora nunha situación “moi perigosa”. Todas as actualizacións ofreceranse mediante o Windows Update, e no sitio web do xigante informático.