Moo estrea un servizo de impresión de autocolantes
venres, 20 de xullo do 2007
A empresa británica
Moo, que destacara por lanzar un servizo de impresión de
tarxetas de visitas baseado en imaxes hospedadas en Flickr, quere continuar
a tirar proveito do seu éxito e asÃ, agora estrea un
servizo de creación de autocolantes que poden reproducir imaxes achegadas
non só de Flickr, senón tamén doutros servizos coma Bebo, Vox, Fotolog,
Lifejournal e mesmo Second Life, que empregarán como reclamo para que a xente o
probe cunha promoción de portes de balde durante o mes de xullo (e tamén están regalando
invitacións para probar o servizo dende distintos blogs).
Por 7,49 euros pódese encargar un StickerBook,
que é un libriño no que se
inclúen 90 autocolantes diferentes de 22 x 22 mm repartidos en 15 follas
dun vinilo de alta calidade e grande resistencia o que os converte nunha opción
para decorar ordenadores portátiles, teléfonos móbiles, consolas de videoxogos,
mochilas, carpetas e outros obxectos de uso cotián.
Dende Moo agardan repetir o éxito das súas tarxetas de visita, das que venderon
varios millóns para 143 paÃses.