Motorola FLIPOUT, o móbil compacto con Android 2.1
mércores, 2 de xuño do 2010
O
KIN ONE chegou aos EE.UU. coma un interesante terminal de telefonÃa móbil
promovido por Microsoft e orientado a un público mozo, que este
mesmo mes vai
contar cun serio competidor, o móbil Motorola
FLIPOUT, que ten unha aparencia externa moi semellante, cunha
pantalla multi-táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 320 x 240 pÃxeles e
un teclado QWERTY deslizante, pero que destaca por funcionar con Android 2.1.
Este novo móbil compacto conta con 512 Mb de memoria interna ampliable con
tarxetas microSD (inclúe unha de 2 Gb), cámara de 3 MpÃxeles, GPS, compás
dixital e Wi-Fi. A nivel de software incorpora MOTOBLUR, servizo que contribúe
a acceder ao correo electrónico, as mensaxes de texto, Facebook, MySpace e
Twitter dende o móbil. Tamén permite o seguimento por GPS e incluso o borrado
remoto de datos en caso de perda ou roubo.
O Motorola FLIPOUT mide 6,7 x 6,7 x 1,7 centÃmetros, pesa 120 gramos, conta
cunha autonomÃa de 1.170 mAh que permÃtelle unha autonomÃa de ata 357 minutos
en conversa e 365 horas en espera, reproduce vÃdeo en WMV, MPEG-4 e H.264 e
audio en MP3, WMA e AAC, recibe radio FM e incluso integra un navegador web con
soporte de Flash.
Polo momento non hai detalles sobre o prezo e a data de lanzamento deste
interesante móbil en Europa, aÃnda que parece previsible que chegue antes ao
mercado norteamericano, onde este tipo de dispositivos gozan de maior
popularidade.
VÃdeo promocional do Motorola FLIPOUT