Movistar achega un 25% de desconto nas chamadas para novos clientes de ADSL

luns, 7 de marzo do 2011 Redacción

Movistar vén de pór en marcha un desconto sobre o seu servizo ADSL. Máis polo miúdo, trátase de achegar reducións nos prezos das chamadas de móbil e mensaxes de texto de ata un 25 %. A oferta, válida para os clientes que contraten ADSL de 3, 6 ou 10 megas (e que teñan unha liña móbil de contrato Movistar) estará en activo ata 2012. Este desconto, informa a compañía, tamén é aplicable ao consumo mínimo do móbil e acumúlase a tódolos plans de chamadas que o usuario teña activos no seu contrato como por exemplo os “planazos”, sinala.
Con todo, a rebaixa só estará ao alcance da man das novos clientes de ADSL, polo que se entende que é unha iniciativa promocional para espallar este servizo. Para darmos de alta esta oferta cómpre chamar ao número (gratuíto) 900 302 031 dous días despois de instalar o ADSL. Nesta chamada é preciso informar da liña de móbil Movistar contrato na que aplicar a rebaixa.