Movistar e Euskaltel teñen a mellor banda larga segundo un estudo da Asociación de Internautas
venres, 16 de novembro do 2018
O Estudo sobre Banda Larga Fixa e Móbil elaborado pola
Asociación de Internautas examina a calidade da banda larga en España (BL) e
ofrece un retrato dos aspectos máis destacados da valoración dos grupos que
operan no mercado, diferenciando tipo de redes (ADSL, cable e fibra), asà como
acceso fixo e móbil.
A calidade na Banda
Larga Móbil (BLM) é a que penaliza as puntuacións globais dalgúns operadores:
Grupos Vodafone e Orange, pero tamén R, Telecable e MásMóvil. Non obstante, a
Banda Larga Fixa (BLF) non está exenta de problemas: os servizos converxentes,
as avarÃas e o seu tratamento, e os caudais de descarga e subida. En
consecuencia, pódese concluÃr que a banda larga, tanto móbil como fixa,
presenta, desde o punto de vista da calidade, grandes diferenzas.
A calidade aporta un
elemento de estabilidade (require investimentos continuos para que os progresos
se consoliden), fronte á volatilidade dos prezos con múltiples cambios no ano.
Conclusións do estudo
Os resultados reflicten grandes diferenzas entre operadores. Só Movistar supera os 7 puntos e Euskaltel achégase a eles (6,91). O resto de grupos non alcanza os 6 puntos, uns resultados moi discretos cunha ampla marxe de mellora, tanto na súa modalidade fixa como móbil, aÃnda que sobre todo na segunda, xa que nela cinco dos sete operadores examinados (Grupos Orange, Vodafone e MásMóvil e os operadores R e Telecable) non alcanzan os 5 puntos. Unhas diferenzas que se sustentan nos servizos converxentes, as avarÃas, a banda larga móbil e os caudais de descarga e subida.
A Banda Larga Móbil
é o servizo que máis condiciona a valoración do acceso a Internet. Xa sexa como
servizo combinado con servizos de voz móbil, que a finais de 2017 alcanzaban os
42,5 millóns de liñas, ou como oferta empaquetada de catro ou cinco servizos
presentes en 11,7 millóns de fogares, o 80% dos que teñen banda larga.
Tendo en conta a súa
penetración, é especialmente revelador a porcentaxe de reclamacións sobre os
servizos converxentes, presentadas ante a OAUTEL (Oficina de Atención aos
Usuarios das Telecomunicacións) en
relación cos mesmos. Vodafone (6,86) é o que máis rexistra, multiplicando por
3,6 veces as de Movistar (1,91). Tamén en relación co móbil cabe destacar que a
frecuencia das reclamacións oscila entre o 5,47% de Jazztel e o 1,60% en
Movistar.
Por outra banda, do
volume de reclamacións presentadas ante a OAUTEL, as avarÃas e interrupcións representan
o 16% aproximadamente nas comunicacións fixas; o 4,4% das móbiles e preto do 9%
das de servizos converxentes. En consecuencia, é transcendente contar cun
servizo técnico que liquide as avarÃas en prazos razoables. Con todo, en BLF Vodafone
emprega 111 horas, máis de 4 dÃas fronte ás 37 de Movistar mentres que
Euskaltel e R móvense ao redor das 50 horas.
Neste mesmo capÃtulo
de avarÃas, é significativo a porcentaxe das reparadas no prazo obxectivo (48
horas xeralmente) que pode oscilar entre o 84% de Jazztel ou o 99% de Movistar,
poñendo de manifesto o dimensionamento do servizo.
Os Ãndices de avarÃa,
dependendo se é algo puntual ou
continuado, poden revelar renovación de redes e aparellos, ou un deixamento da
atención destes elementos. Nesta ocasión os Ãndices oscilan entre os 2,09 de
ONO e os 4,60% de Movistar.
O caudal de descarga
ou subida nas ofertas do móbil é un dos puntos débiles do acceso a Internet: a
máis velocidade ofertada, menos caudal. Con carácter ilustrativo baste dicir
que Movistar consegue un 70% de descarga nas ofertas de 21 Mbps e Yoigo o 27%
na súa oferta de 111 Mbps. Na subida ocorre algo parecido: desde o 70% de
Vodafone nos 5,10 ao 37% de Orange en 50 Mbps.
O déficit de caudal
presente na BLF se irá corrixindo a raÃz da proliferación das liñas de alta
capacidade nas que se conseguen caudais de descarga superiores ao 95%, salvo
Euskaltel e R que apenas superan o 90%. Na subida, a maior parte de operadores
está entre o 95% ou máis de caudal, salvo R que non chega ao 90% e Telecable
que supera lixeiramente o 80%.
No entanto, na BLF
os caudais de descarga en ADSL aÃnda presentan severos déficits nalgúns
operadores, como Jazztel (72%). No outro extremo Movistar aproxÃmase ao 80%. Na
subida os rexistros non son moi diferentes desde o 80% de Movistar, ao limiar
do 70% do resto de operadores.