Movistar e Vodafone lanzan promocións para reter clientes

mércores, 16 de decembro do 2009 Marcus Fernández

As operadoras de telefonía móbil resístense a perder clientes, de aí que lancen promocións agresivas para evitar a súa fuxida, de xeito que cando algún cliente intenta cambiar de operador tanto Movistar coma Vodafone están a ofrecer tarifas de baixo custo que no caso de Movistar sería unha tarifa plana que cunha toca mensual de 30 euros incluiría ata 1.200 minutos de voz, 1.000 SMS e 1.000 MMS ao mes a calquera destino nacional e hora durante un ano.
Vodafone pola súa banda oferta o Plan 6, que cun consumo mínimo de 6 euros/mes ten uns prezos de 6 céntimos/minuto e 6 céntimos/SMS a calquera destino nacional de 18:00 a 7:00 horas e fins de semana (fóra dese horario cobrarán 24 céntimos/minuto e 15 céntimos/SMS) e o Plan 8, que cun consumo mínimo de 6 euros/mes ten tarifas de 8 céntimos/minuto e 8 céntimos/SMS a calquera hora do día.