Movistar incrementa o prezo das súas tarifas móbiles o mes que vén

xoves, 18 de xaneiro do 2018 Marcus Fernández

Como se viña comentando nas últimas semanas, as compañías de telecomunicacións prepáranse para comezar o ano con subas de prezo, sendo unha das primeiras que afectan a un maior número de consumidores o cambio de tarifas móbiles de Movistar, que a partires do 18 de febreiro pasarán a custar 2-3 euros máis ao mes.
Concretamente a Tarifa #2, con chamadas a 0 céntimos/min. e 3 GB de datos pasará de 15 a 17 euros/mes, mentres que a Tarifa #6 (con 200 minutos en chamadas e 8 GB de datos) pasará de 27 a 30 euros/mes, a Tarifa #10 (con chamadas ilimitadas e 15 GB de datos) pasa de 37 a 40 euros/mes e a Tarifa #20 (con chamadas ilimitadas e 25 GB de datos) pasa de 47 a 50 euros/mes. Cómpre salientar que a renovación de tarifas realízase seguindo unha práctica habitual nos operadores: incrementar o volume de datos para xustificar o cambio de prezos. Neste casos, a Tarifa #2 inclúe 1 GB máis que coas tarifas anteriores, a Tarifa #6 2 GB adicionais e as tarifas #10 e #20 suman 5 GB cada unha ao seu límite de datos ao mes.

PUBLICIDADE