Movistar lanza novas tarifas de televisión no móbil

mércores, 12 de setembro do 2007 Marcus Fernández

Movistar quere potenciar o audiovisual no seus terminais multimedia polo que estrea unha tarifa plana de televisión cunha oferta de 26 canles por 5 euros/mes, cunha subscrición de balde ata final de ano. Ademais, a oferta de Movistar pode incrementar o seu número de canles abonando 1 ou 2 euros por cada sesión adicional (ou entre 2 e 3 euros pola subscrición mensual a canles individuais). Hai que destacar que os usuarios, aparte da subscrición, deberán pagar 0,5 euros por conexión (non importando o tempo de visualización das canles televisivas.
Dende a operadora tamén destacan que están a rexistrar un importante uso da televisión no móbil entre os seus clientes actuais no horario comprendido entre as 20:00 e as 24:00 horas, polo que o móbil se está a converter nunha televisión persoal, estimando que coa nova promoción os usuarios vexan uns 20 minutos diarios nos seus terminais.