Movistar lanza unha agresiva promoción para captar clientes para a súa fibra óptica
mércores, 17 de febreiro do 2016
O pasado verán Movistar lanzou unha agresiva promoción
combinando servizos para atraer clientes á súa fibra óptica, conseguindo un
grande éxito de captación de liñas, e agora parece querer repetir a xogada co
perfil de cliente que non está interesado na televisión nin no fútbol, ofrecendo
un desconto do 58% nas súas liñas de fibra óptica a 30 Mbps. Esta
tarifa que só pode contratarse en promoción vÃa web, inclúe chamadas
ilimitadas a teléfonos fÃxos, 550 minutos/mes a móbiles (500 minutos as fins de
semanas e 50 minutos durante a semana) e durante 12 meses terá un prezo de
14,90 euros/mes (en vez dos 36 euros/mes habituais) + 17,40 euros/mes de cota
de liña.
Temos asà unha promoción a través da que a alta e a instalación saen de balde,
e que suporÃa un aforro de 253 euros o primeiro ano, o que pode ser un grande
incentivo para saltar á fibra óptica para os usuarios que estean nunha zona con
cobertura.
