Movistar lanzará unha nova tarifa plana de datos dende o móbil

venres, 16 de maio do 2008 Marcus Fernández

JPEG - 52.6 KB
Movistar leva o acceso á Rede a calquera parte

Movistar anunciou o lanzamento de dúas novas tarifas de datos para móbiles que se poderán contratar dende o 18 de maio: Internet en el móvil e Internet en el móvil Plus. Estas novas tarifas corresponderían a conectividade móbil 3G con tope de transferencia, de xeito que unha vez superado tal límite se reduciría a velocidade de descarga sen cobrar sobretaxas.
A tarifa Internet en el móvil permite a descarga de 100 Mb por 11,6 euros (IVA incl.) e, superado o tope de transferencia, reduciría a velocidade de descarga a 64 Kbps, mentres que a tarifa Internet en el móvil Plus ofrecería por 17,4 euros/mes (IVA incl.) unha transferencia de 200 Mb que pasaría a ter unha velocidade de 128 Kbps superado o tope de transferencia, o que podería ser unha das tarifas planas dende o móbil máis competitivas do mercado, custando menos da metade que outras promocións actuais.

PUBLICIDADE