Movistar leva a banda larga móbil aos 42 Mbps
mércores, 22 de setembro do 2010
Antes incluso da
chegada da telefonÃa 4G, as velocidades da banda larga móbil en España
continúan a medrar, e Movistar
anuncia que en outubro estreará as conexións a 42 Mbps grazas á tecnoloxÃa Dual
Cell HSPA, que chegará inicialmente a zonas con grande densidade
empresarial de Madrid e Barcelona, mellorando a cobertura nas citadas cidades
antes de rematar o ano e espallando o servizo polas principais zonas turÃsticas
e cidades de máis de 250.000 habitantes durante 2011.
Para gozar destas conexións haberá que contratar as tarifas Plana Internet Plus
(39 euros/mes) ou a Plana Internet Maxi (49 euros/mes) e será preciso adquirir
o modem
Novatel Ovarion MC545 por 19 euros, dispositivo compatible coa conectividade
DC-HSPA+ (e o resto de conexións 3G) que estréase internacionalmente en España
e serÃa capaz de descargar a unha velocidade de 40,5 Mbps en transmisións a
través das bandas de frecuencia de 900, 1.900 e 2.100 MHz. O modem tamén
incorpora un lector de tarxetas microSDHC de ata 32 Gb.
