Movistar ofrece unha tarifa plana de 24 horas sen lÃmites para reter clientes
mércores, 24 de xuño do 2009
As ofertas que lanzan
as operadoras para reter aos seus clientes en moitos casos sorpréndennos
agradablemente, e dende GSMspain desvelan unha nova
tarifa de Movistar chamada Factura 10,
que por só 10 euros ao mes incluirÃa chamadas a calquera operador e a calquera
hora sen lÃmite de minutos nin de número de SMS ou MMS, con alta de balde, sen
compromiso de permanencia e só para clientes de 1 e 2 estrelas (que gasten unha
media de 9 a 40 euros mensuais).
A oferta é compatible cos contratos movistar,
tiempo libre, mi gente, único e cos
módulos mi favorito, mi favorito primavera e mis cinco, non podendo contratarse dende
tarifas descatalogadas ou outras tarifas das non mencionadas. As chamadas a
números 803, 902 e internacionais pagarÃanse aparte da tarifa, e a nova tarifa
só estarÃa vixente ata o vindeiro 31 de decembro.
Segundo parece, esta agresiva oferta só a
presentan a clientes particulares que cancelan unha portabilidade a outro
operador e que teñan un mÃnimo de permanencia de 6 meses en contrato.
