Movistar subirá os prezos das súas tarifas móbiles

luns, 29 de maio do 2017 Marcus Fernández

En febreiro os clientes de móbil de Movistar viron como as súas tarifas mudaban de nome, pasando de ter coñecida pola palabra Vive seguida dun número que indicaba o número de euros que tiñan que pagar mensualmente a ter directamente un número precedido por un cancelo, desligando así a designación do prezo final do servizo.
Este cambio veuse compensado cun incremento no volume de datos incluídos na tarifa, pero ao parecer estabamos simplemente ante unha suba de prezos adiada, pois agora dan conta de que o vindeiro 18 de xullo entrarán en vigor novos prezos destas tarifas móbiles, de xeito que os usuarios da Tarifa #6 terán que soportar unha suba de prezo de 1 euro, a Tarifa #10 terá unha suba de 3 euros e a Tarifa #20 incrementará o seu prezo mensual en 2 euros, quedando así estras tres tarifas en 27, 37 e 47 euros/mes, coincidindo cos prezos das tarifas Smart S, Red M e Red L de Vodafone, dando a impresión de que os principais operadores móbiles non queren unha competencia real en prezos que poida erosionar os seus beneficios.

PUBLICIDADE