Multa de preto de 120 millóns de euros aos principais operadores móbiles españois

xoves, 20 de decembro do 2012 Marcus Fernández

A Comisión Nacional da Competencia (CNC) vén de impor unha multa a Telefónica, Vodafone e Orange por importe de preto de 120 millóns de euros por abusar da súa posición nos mercados maioristas coas mensaxes de texto no móbil, correspondendo 46.490.000 euros a Telefónica Móviles de España, 43.525.000 euros a Vodafone e 29.950.000 euros a Orange.
Esta resolución da CNC é consecuencia dunha investigación incoada de oficio en xaneiro de 2011 e baseada en datos solicitados ás empresas e á Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT). No período obxecto de análise (2000-2009) non existía regulación sobre os prezos maioristas de terminación de SMS, o que permitiu aos 3 operadores sancionados fixar libremente prezos de terminación considerados moi elevados, o que trasladouse aos consumidores cuns prezos por mensaxes tamén elevados.
Polo momento só se acreditou esta conduta ata o exercicio 2009, e o Consello da CNC non considerou pertinente impor medidas regulatorias ás partes, estimando máis atinado que sexa a CMT a entidade que deseñe a regulación ex ante deses mercados.