NBA 2K18 e NBA Live 18 chegan simultaneamente ás tendas
venres, 15 de setembro do 2017
Esta semana pode considerarse como a do lanzamento dos videoxogos
deportivos da tempada, pois saen á venda grandes tÃtulos de hóckey, fútbol e
baloncesto, pero mentres o Pro Evolution
Soccer 2018 chega ás tendas, o FIFA
18 confórmase con lanzar unha versión de demostración (saÃndo á venda nun
par de semanas), de aà que o enfrontamento que chama poderosamente a atención
está nas canchas de baloncesto, por saÃren o mesmo dÃa á venda o NBA
2K18 e o NBA Live 18.
Cómpre salientar que a franquÃa lÃder que o vai ter máis doado nos estantes das
tendas é a de 2K, podendo xa adquirirse NBA 2K18 para Xbox One, PlayStation
4 e PC, cun
prezo base de 69,99 euros en consola e 49,99 euros para ordenadores, e
ofrecendo un nivel de realismo que está considerado lÃder non só na recreación
do baloncesto profesional, senón nos deportes en xeral, sendo o xogo ao que
aspiran o resto de simuladores deportivos. Para transmitir unha sensación aÃnda
máis televisiva, o xogo conta cun contido descagable que engade as voces de
tres dos xornalistas de baloncesto máis prestixiosos de España: Antoni Daimiel,
Sixto Miguel Serrano e Jorge Quiroga.
O NBA Live 18 vai telo complicado
para non pasar desapercibido, estando xa dispoñible
para Xbox One e PlayStation
4 a un prezo de partida de 69,99 euros (quedando sen versión para PC), e
buscando atraer aos xogadores cunha oferta diferente, o que queda visible con The One, unha experiencia que convida a
experimentar a traxectoria profesional dun xogador. O que si resulta
especialmente rechamante por parte deste xogo de EA Sports é que estrea
a presenza da WNBA, ou sexa, da liga feminina de baloncesto.