Nace un selo virtual de música da man de Vodafone e Sony BMG
mércores, 8 de novembro do 2006
Vodafone e Sony BMG presentaron no SIMO o primeiro selo de música virtual, SV Music, que supón un novo modelo de negocio adaptado ós tempos que corren.
Ademais, SV Music pretende ser unha plataforma de lanzamento de creacións dos usuarios, comezando cun concurso de maquetas no móbil, que a partires do 9 de novembro e ata o 10 de decembro permitirá a presentación de cancións en formato MP3 a través dunha páxina web e que se publicarán en Vodafone Live! (onde os clientes poden descargalas por 0,5 euros) e que logo terán que superar unha selección da que quedarán 30 candidatos finais polo que se poderá votar a través de Vodafone Live! (a 0,30 euros o voto) facéndose o gañador cun contrato discográfico con Sony BMG e Vodafone (que estrearÃa o selo virtual).
Pero este concurso non será tan frÃo como parece, senón que promoverá a participación no Backstage de Vodafone Live! de xeito que, aparte da descarga de música, tamén se poderá falar cos artistas do momento nos Chats VIP, coñecer de primeira man as súas opinións a través de Blogs, consultar listaxes de éxito, novas... en definitiva, que pretenden sacar partido creando toda unha serie de servizos colaborativos dentro da chamada filosofÃa Web 2.0, que potencien esta nova iniciativa.
