No verán teremos un xogo para móbiles do Dr. Mario

venres, 1 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Aínda que en España a aplicación de mensaxería LINE non conseguiu callar, durante bastante tempo conseguiu manter a súa visibilidade grazas a que achegaba xogos móbiles de balde como Puzzle Bobble, ou sexa, que teñen unha grande experiencia no lecer electrónico en dispositivos conectados, o que quixo aproveitar Nintendo para fraguar unha alianza con eles na súa división móbil para o desenvolvemento de novos xogos móbiles, comezando por Dr. Mario World.
Deste xeito temos que a serie de xogos de Dr. Mario, nacida en 1990 como un xogo na liña do Columns, que practicamente tivo presenza en todas as consolas de Nintendo, con especial forza nas portátiles, onde o xénero é mellor recibido (de feito, estamos ante un dos grandes referentes en Game Boy). O propio personaxe do Dr. Mario apareceu en motos outros xogos de Nintendo, especialmente de quebracabezas, aínda que tampouco faltou nos Smash Bros.
Dr. Mario World ten previsto o seu lanzamento global a comezos do vindeiro verán como un título free-to-play con compras dentro da aplicación.

O Dr. Mario chegou incluso a ser un personaxe da serie de xogos de loita Smash Bros.

PUBLICIDADE