Nokia leva a radio por Internet ó móbil
martes, 4 de decembro do 2007
Os usuarios de terminais Nokia N82, N91 e N95 poden
xa descargar de balde a aplicación Nokia
Internet Radio (que virá incluÃda nos novos dispositivos coa 3ª edición da
plataforma S60) que lles permitirá descubrir e escoitar emisoras de radio que
emiten pola Internet.
Esta nova aplicación permite descubrir centos de radios de todo o mundo
organizadas por xénero, paÃs e lingua que se poden engadir tamén a unha listaxe
de favoritos para facer máis doado o seu acceso ulterior.
O encargado da división de música de Nokia, Tommi Mustonen, entende que esta
ferramenta é moi útil xa que «a meirande
parte da descuberta de nova música acontece mentres escoitas a radio» polo
que levar esta
experiencia ó móbil a fai máis accesible e «dá
á xente novos xeitos de atopar música».
