Nokia substituirá 46 millóns de baterías defectuosas

martes, 14 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Os problemas das baterías de portátiles fabricadas por Sony e que causou varios incidentes que forzaron á retirada das mesmas do mercado foi un escándalo que afectou a millóns de equipos, o que podería quedar eclipsado polo último aviso de Nokia, que advirte que 46 millóns de baterías fabricadas por Matsushita (Panasonic) poderían ter problemas de quecemento, polo que as substituirán sen custo para o usuario.
As baterías BL-5C son as marcadas como perigosas por poder sufrir un curtocircuíto que provoca un sobrequentamento do que xa se detectaron 100 casos en todo o mundo sen ningunha consecuencia grave segundo o fabricante finlandés que di que os problemas só apareceron durante a carga das baterías (aínda que dende algunhas webs advirten que unha persoa mesmo chegou a perder unha perna por mor da explosión da batería do seu móbil).
Aínda que as baterías están fabricadas por Matsushita, aparecen etiquetadas coa marca Nokia, e a súa fabricación foi entre decembro de 2005 e novembro de 2006, de xeito que afectarían os seguintes modelos de móbil: Nokia 1100, Nokia 1100c, Nokia 1101, Nokia 1108, Nokia 1110, Nokia 1112, Nokia 1255, Nokia 1315, Nokia 1600, Nokia 2112, Nokia 2118, Nokia 2255, Nokia 2272, Nokia 2275, Nokia 2300, Nokia 2300c, Nokia 2310, Nokia 2355, Nokia 2600, Nokia 2610, Nokia 2610b, Nokia 2626, Nokia 3100, Nokia 3105, Nokia 3120, Nokia 3125, Nokia 6030, Nokia 6085, Nokia 6086, Nokia 6108, Nokia 6175i, Nokia 6178i, Nokia 6230, Nokia 6230i, Nokia 6270, Nokia 6600, Nokia 6620, Nokia 6630, Nokia 6631, Nokia 6670, Nokia 6680, Nokia 6681, Nokia 6682, Nokia 6820, Nokia 6822, Nokia 7610, Nokia N70, Nokia N71, Nokia N72, Nokia N91, Nokia E50 e Nokia E60.
O programa de substitucións de baterías se pode consultar na web de Nokia, onde tamén hai máis información sobre este incidente.