Nova actualización de firmware para o Nokia N97

luns, 1 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Nokia continúa a levar os Ovi Mapas con navegación GPS de balde aos seus terminais, e tras estrearse no Nokia N97 mini, Nokia 5800 XpressMusic e Nokia E72, chega agora ao Nokia N97 a través dunha nova actualización de firmware, a 21.0.045, que aparte desta funcionalidade interesante tamén mellora a estabilidade das chamadas de voz e suaviza os desprazamentos de pantalla mediante a súa interface táctil (o coñecido coma desprazamento cinético).
Polo momento esta actualización só pode instalarse manualmente, non estando dispoñible coma actualización automática.